Esta aplicación está moi ben; en vez de estudar polo libro estudamos por Kahoot. Aprendemos moito e facemos os nosos propios exames. A verdade que é moi divertida, rimos moito e pasámolo moi ben. Alba
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Comentarios
Publicar un comentario