Hoxe fomos ao monte de Santa Tegra, onde vivían os Celtas. Ensináronos algúns restos de castros e da muralla. Logo fomos ao museo a ver as vasixas e outras ferramentas. Ao rematar fixemos unha peza de arxila que decoramos.
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Comentarios
Publicar un comentario