Fixemos estes problemas coa ferramenta de autor lim. Cada tribu inventou os seus problemas e resolvéunos para obter o resultado correcto. Cada certo tempo renovaremos e engadiremos novos problemas.Iker e Alejandro
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Comentarios
Publicar un comentario