Hoxe expliqueilles ós meus compañeiros como se fai unha raíz cadrada inexacta. Supoño que o entenderon. Podedes ver o vídeo na actividade "As tribus tamén ensinan". Pablo L.
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
like
ResponderEliminarlike
ResponderEliminar