Fai uns días, no mes de Abril, fixemos un pequeno resumo do acoso escolar. Lemos unha nova no xornal, e falamos e contamos as nosas opinions, o que pasa e como resolvelo. Laura A.
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Comentarios
Publicar un comentario