Onte visitounos unha pintora chamada Nery. Deunos unha pequena charla sobre a pintura, sobre as cores ... Fomos para a clase de Inglés e estivemos pintando uns cadriños dunhas nenas. Quedaron moi bonitos. Hugo e Sara
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Comentarios
Publicar un comentario