Todos os traballos presentados neste concurso eran moi bos, pero o xurado tivo que decantarse por algún. A nosa oficiala Laura Molinos foi a premiada do noso centro. Bravo a todos!
O mércores o capitán falounos dun trastorno chamado TEA (trastorno espectro autista). Primeiro vimos uns vídeos, despois o noso capitán contounos a súa experiencia no traballo con nenos con autismo. Estivemos lendo un apartado sobre o TEA na Voz de Galicia. Con todo isto invitamos un novo grumete ao noso barco. Chámase Barbamarela e aprendemos a poñernos no seu lugar e entender mellor as súas diferenzas. Laura M. e Carla
Teño que dar gracias ó meu capitán por insistir en que participáramos e, como non, ás miñas avoas. Grazas a todo o mundo.
ResponderEliminarLaura M.